Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2019
¿DE QUÉ ÁRBOL CAÍSTE? (Profesorado: Felisa Redondo Valín)
PROXECTO NOME (Profesorado: Mº Ángeles Salgado Iglesias) Este traballo foi realizado co grupo de 2º de PMAR no Ámbito Lingüístico. Consistiu en traballar a onomástica, máis concretamente, a presenza de termos botánicos nos apelidos da nosa comunidade educativa.  Proxecto nome from chusiadai
O RUEIRO DAS ÁRBORES (Profesorado: Laura Abuín Gómez) Esta actividade foi desenvolvida en 1º de ESO na materia de Xeografía e Historia. No barrio da Piringalla hai moitas rúas que levan o nome dunha planta. Isto aproveitámolo para elaborar un plano con enlaces a través de códigos QR á información das plantas.   Rueiro from chusiadai
Imaxe
ENTREVISTAS "CAMBIOU MOITO O TEU BARRIO?" (Profesorado: Amparo Torres Arrojo e Mª Jesús Gil Castro) En 2º de ESO, en Lingua Castelá, planificamos entrevistas a persoas maiores do barrio para obter información dos cambios que foron observando nos últimos anos. Estas entrevistas foron gravadas en videos ou documentos sonoros e comentadas nas clases en relación cos textos periodísticos. Aquí tedes un exemplo...  
Imaxe
CONCURSO FOTOFALADOIRO (Profesorado: Benjamín Sande eslava)         Este concurso foi proposto para todo alumnado do centro e planificouse desde a Titoría de 2º de ESO B. Concurso fotofaladoiro from chusiadai Estas son as fotos gañadoras...
ENQUISA "¿Qué sabes de las plantas de tu barrio?" (Profesorado: José Luis Díaz Fernández, Beatriz García López e Mª Jesús Gil Castro)         Nas clases de Titoría e Lingua Castelá de 1º de ESO elaboramos unha enquisa sobre o coñecemento do plantas do barrio da Piringalla. Esta enquisa foi destinada ao alumnado que non participaba neste proxecta (de 3º e 4º de ESO).         Nas clases de Matemáticas de 1º de ESO fixeron a análise dos resultados. Enquisa fitofaladoiro from chusiadai Enquisa fitofaladoiro resultados from chusiadai
Imaxe
  PLANTAS E MATEMÁTICAS (Profesorado: Beatriz García López)         Co obxectivo fundamental do programa Fitofaladoiro, de fomentar a participación activa do alumnado no coñecemento do medio natural, os alumnos de 1º ESO B e 1º ESO D realizaron na clase de Matemáticas traballos de investigación para saber se as Matemáticas están presentes tamén na natureza e para coñecer a relación das Matemáticas coas plantas.        Ademais de búsqueda de información na rede tamén buscaron e trouxeron mostras de plantas á clase para amosarnos o que estaban investigando.      Con toda a información que recolleron elaboraron traballos e fixeron exposicións orais nas clases.       Algunhas das presentacións dos alumnos foron feitas con libre office e outros alumnos fixéronas empregando genially.        Algunhas das cousas que descubriron están relacionadas co número phi ou coa sucesión de Fibonacci.        O número phi tamén denominado número áureo ou número de
Imaxe
XINCANA CO FITOFALADOIRO (Profesorado: Ana Mª Linares Fernández, Marta Fernández Jul e Mª Jesús Gil Castro) A xincana foi elaborada polo alumnado de 2º de ESO en sesións de Lingua Castelá e Titorías. O alumnado participante foi  de 1º de ESO. Para organizar a xincana formamos grupos de traballo, cada grupo planificou unha proba na que tiña que combinar plantas e poesía.  
SCAPE ROOM CO FITOFALADOIRO (Profesorado: Laura Calaza Díaz, José Luis Díaz Fernández e Benjamín Sande Eslava) O proxecto Fitofaladoiro integrouse con outras actividades do centro, en concreto co Scape Room Matemático do Lecer Inclusivo. Os alumnos e as alumnas mergulláronse en coñecer os nomes de plantas e árbores en galego e en castelán coa intención de atopar pistas que lle permitiran ir superando as diferentes fases do scape room. Scape room fitofaladoiro from chusiadai Nomes plantas from chusiadai
Imaxe
EXPOSICIÓN "POESÍA NAS ÁRBORES" (Profesorado: María Jesús Gil Castro e Mª Ángeles Salgado Iglesias) Esta actividade foi realizada con 2º de ESO na materia de Lingua Castelá para conmemorar o Día da Poesía, o 21 de marzo. Contamos coa colaboración da Biblioteca. A partir de poemas de temática relacionada coas árbores, elaboramos murais con poesías e ilustracións que colgamos das árbores e dos arbustos do noso patio.
Imaxe
OBRADOIRO POÉTICO "PLANTAMOS UN POEMA" (Profesorado: Mª Jesús Gil Castro) Facemos poemas con nomes de árbores... Este traballo desenvolveuse en 1º e 2º de ESO na materia de Lingua Castelá... Despois de ver a curta "El hombre que plantaba árboles", entregamos ao alumnado un poema incompleto que debían refacer empregando nomes de árbores. Con estes poemas fixemos as follas dunha árbore que decorou as nosas aulas durante todo o curso.
Imaxe
HERBARIO INTERDISCIPLINAR E DIXITAL (Profesorado: Mª Soledad López Janeiro, Mª Teresa Núñez Núñez, Juan José Rodicio, Adrián Rey Rodríguez  e Mª Jesús Gil Castro) Esta actividade realizouse co alumnado de 1º de ESO nas materias de Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Oratoria e Titoría, e contamos coa colaboración do Juan José Rodicio, Xefe do Departamento de Orientación. Iniciamos o traballo en novembro realizando unha saída polo barrio e recollendo mostras de follas de herbas, árbores e arbustos. Na aula procedemos ao secado das follas. Aquelas que conseguimos conservar en boas condicións expuxémolas nunha póla. A partir da observación das plantas do barrio e do patio do centro, elaboramos unha listaxe cos nomes das plantas en castelán e galego. Logo, o alumnado dos grupos de 1º de ESO C e D elaborou  presentacións coa ferramenta dixital genially sobre cada unha das plantas da listaxe. Estas presentacións conteñen os nomes das plantas en diferentes linguas, a súa mo