PLANTAS E MATEMÁTICAS

(Profesorado: Beatriz García López)
 
      Co obxectivo fundamental do programa Fitofaladoiro, de fomentar a participación activa do alumnado no coñecemento do medio natural, os alumnos de 1º ESO B e 1º ESO D realizaron na clase de Matemáticas traballos de investigación para saber se as Matemáticas están presentes tamén na natureza e para coñecer a relación das Matemáticas coas plantas.


       Ademais de búsqueda de información na rede tamén buscaron e trouxeron mostras de plantas á clase para amosarnos o que estaban investigando.


     Con toda a información que recolleron elaboraron traballos e fixeron exposicións orais nas clases.


      Algunhas das presentacións dos alumnos foron feitas con libre office e outros alumnos fixéronas empregando genially.


       Algunhas das cousas que descubriron están relacionadas co número phi ou coa sucesión de Fibonacci.


       O número phi tamén denominado número áureo ou número de ouro debe o seu nome ó escultor grego Fidias, é un número irracional que foi utilizado tanto na arquitectura como na pintura e aparece tamén en moitas formas da natureza, como por exemplo nas plantas. Aparece na distribución dos pétalos das flores, na distribución das follas nun talo ou por exemplo nas espirales dunha piña ou dun xirasol.


     A sucesión de Fibonacci é a sucesión de números que, empezando pola unidade, cada un dos seus termos é a suma dos dous anteriores (1, 1, 2, 3, 5, 8....) Esta sucesión aparece de forma recurrente na natureza. A distribución das follas ó redor dun talo ou a disposición das semillas en numeras flores ou froitas prodúcese seguindo secuencias basadas nestes números.


      A división de calquera termo da sucesión de Fibonacci entre o seu anterior vaise aproximando ó número phi conforme imos avanzando pola serie.


Comentarios

Publicacións populares deste blog