HERBARIO INTERDISCIPLINAR E DIXITAL

(Profesorado: Mª Soledad López Janeiro, Mª Teresa Núñez Núñez, Juan José Rodicio, Adrián Rey Rodríguez  e Mª Jesús Gil Castro)

Esta actividade realizouse co alumnado de 1º de ESO nas materias de Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Oratoria e Titoría, e contamos coa colaboración do Juan José Rodicio, Xefe do Departamento de Orientación.




Iniciamos o traballo en novembro realizando unha saída polo barrio e recollendo mostras de follas de herbas, árbores e arbustos. Na aula procedemos ao secado das follas. Aquelas que conseguimos conservar en boas condicións expuxémolas nunha póla.
A partir da observación das plantas do barrio e do patio do centro, elaboramos unha listaxe cos nomes das plantas en castelán e galego. Logo, o alumnado dos grupos de 1º de ESO C e D elaborou  presentacións coa ferramenta dixital genially sobre cada unha das plantas da listaxe. Estas presentacións conteñen os nomes das plantas en diferentes linguas, a súa morfoloxía, as aplicacións, o hábitat e versos acrósticos en galego e francés.
Aquí podedes ver algún exemplo...












































Comentarios

Publicacións populares deste blog