Publicacións

PROXECTO NOME (Profesorado: Mº Ángeles Salgado Iglesias) Este traballo foi realizado co grupo de 2º de PMAR no Ámbito Lingüístico. Consistiu en traballar a onomástica, máis concretamente, a presenza de termos botánicos nos apelidos da nosa comunidade educativa.  Proxecto nome from chusiadai
O RUEIRO DAS ÁRBORES (Profesorado: Laura Abuín Gómez) Esta actividade foi desenvolvida en 1º de ESO na materia de Xeografía e Historia. No barrio da Piringalla hai moitas rúas que levan o nome dunha planta. Isto aproveitámolo para elaborar un plano con enlaces a través de códigos QR á información das plantas.   Rueiro from chusiadai
Imaxe
ENTREVISTAS "CAMBIOU MOITO O TEU BARRIO?" (Profesorado: Amparo Torres Arrojo e Mª Jesús Gil Castro) En 2º de ESO, en Lingua Castelá, planificamos entrevistas a persoas maiores do barrio para obter información dos cambios que foron observando nos últimos anos. Estas entrevistas foron gravadas en videos ou documentos sonoros e comentadas nas clases en relación cos textos periodísticos. Aquí tedes un exemplo...  
Imaxe
CONCURSO FOTOFALADOIRO (Profesorado: Benjamín Sande eslava)         Este concurso foi proposto para todo alumnado do centro e planificouse desde a Titoría de 2º de ESO B. Concurso fotofaladoiro from chusiadai Estas son as fotos gañadoras...
ENQUISA "¿Qué sabes de las plantas de tu barrio?" (Profesorado: José Luis Díaz Fernández, Beatriz García López e Mª Jesús Gil Castro)         Nas clases de Titoría e Lingua Castelá de 1º de ESO elaboramos unha enquisa sobre o coñecemento do plantas do barrio da Piringalla. Esta enquisa foi destinada ao alumnado que non participaba neste proxecta (de 3º e 4º de ESO).         Nas clases de Matemáticas de 1º de ESO fixeron a análise dos resultados. Enquisa fitofaladoiro from chusiadai Enquisa fitofaladoiro resultados from chusiadai
Imaxe
  PLANTAS E MATEMÁTICAS (Profesorado: Beatriz García López)         Co obxectivo fundamental do programa Fitofaladoiro, de fomentar a participación activa do alumnado no coñecemento do medio natural, os alumnos de 1º ESO B e 1º ESO D realizaron na clase de Matemáticas traballos de investigación para saber se as Matemáticas están presentes tamén na natureza e para coñecer a relación das Matemáticas coas plantas.        Ademais de búsqueda de información na rede tamén buscaron e trouxeron mostras de plantas á clase para amosarnos o que estaban investigando.      Con toda a información que recolleron elaboraron traballos e fixeron exposicións orais nas clases.       Algunhas das presentacións dos alumnos foron feitas con libre office e outros alumnos fixéronas empregando genially.        Algunhas das cousas que descubriron están relacionadas co número phi ou coa sucesión de Fibonacci.        O número phi tamén denominado número áureo ou número de